luns, 2 de novembro de 2015

SIMULACRO DE INCENDIO

http://edicioneselfos.com/4.htm
Aínda que esta non é unha actividade propia da Biblioteca, os seguidores e seguidoras do noso blog sabedes que gústanos comentar todo o que acontece na nosa comunidade, e hoxe toca isto:
O pasado mércores, no colexio, tivemos un simulacro de incendio. Despois de desaloxar o centro, reunímonos no patio, organizados en filas, e alí esperamos ata que  acudiron os BOMBEIROS DE FERROL. Estas son as imaxes da pequena exhibición que fixeron no patio. A xulgar polas caras, parece que a actividade foi todo un éxito...

Ningún comentario: