venres, 26 de febreiro de 2016

CONTACONTOS: "COCORICO"

Recordo de Sabela, Alba e Nuria para o público
Vaia sorpresa que nos levamos hoxe no contacontos do recreo!!! Xa sabiamos que este venres Sabela e Alba, coa colaboración de Nuria, de 4º, nos tiñan preparada unha sorpresa, pero non imaxinabamos o que vimos! Foi unha posta en escena con coreografía incluída que nos deixou coa boca aberta a todos. Temos que darlles unha especial NORABOA porque o fixeron de marabilla e nos fixeron pasar un moi bo recreo. Contaron e dramatizaron "Cocorico", xa todo un clásico das nosas bibliotecas, non si? Un libro de Marisa Núñez, editado por OQO.
Vede este vídeo de Aurelia Rodríguez contando o conto para a Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
E estas son as imaxes da sesión:
MOITAS FELICIDADES ÁS TRES!

Ningún comentario: