Este ano decidimos facer a celebración na entrada do centro, diante da exposición que tiñamos montada esta semana. Coma sempre preparamos poemas para recitar e algún para cantar. Repartimos poemas para levar ás casas e ampliamos a escolma de poemas que vimos elaborando nos tres últimos anos.
A continuación podedes ver algunhas das fotos que tiramos durante o acto, a primeira hora da mañá.
Ao longo da mañá fixemos outras actividades. Entre elas preparamos nas aulas unhas chapas conmemorativas con deseños propios.
Ilustradora: Irene Fraguela Trastoy |
Deseño de "Rosalía e a Lúa I" |
Deseño de "Rosalía e a Lúa II" |
1 comentario:
Fermosísima celebración; parabéns!!!
Un saúdo desde http://orecunchodasfadas.blogspot.com.es/
Publicar un comentario