domingo, 7 de febreiro de 2016

ENTROIDO 2016: COCIÑEIROS E COCIÑEIRAS!!!

Desde logoooo, a quen se lle ocurriría esta idea!!! 
Cociñeiros e cociñeiras!!!. 
E o ben que sabía a bola!! E a empanada!!! 
Mmmmm... 
O vindeiro ano repetimos!!
Viva o ENTROIDO!!!!  VIVAAAAA!!!
Xa vos digo que foi unha semana moi completa. Houbo mandados do MECO para o martes, o mércores e o xoves. Para o venres, o MECO, mandou vestirse con roupas de cociñeiros e cociñeiras, pero, coma sempre, manda deixar voar a imaxinación, e abofé que algúns o conseguiron!!
O día da celebración houbo de todo, DE TODOO!!!. Fixemos desfile, comilona, lectura do TESTAMENTO e queima do MECO, e, por último, PIÑATAS. VAIA DÍA!!
Aquí vos deixamos as imaxes:

Ningún comentario: