luns, 7 de marzo de 2016

Contacontos: O ZAPATEIRO MÁXICO

O pasado 26, no recreo, Gaia, de 3º; e Elia e Alejandra, de 5º, contáronnos "O zapateiro máxico", un conto de Lupe Loriga, ilustrado por Ana Martínez. Este é un conto dentro doutro conto que fala de como atopar a felicidade a través dos sentimentos, dos amigos. As cousas que nos arrodean, a miúdo son innecesarias, pero os amigos e a xente a quen queremos non.
Entre as tres souberon escoller unha historia cunha  moi boa mensaxe. 
Felicidades polo contacontos e grazas pola vosa colaboración!!
Recordo da sesión

E estas son as fotos da sesión:

Ningún comentario: