martes, 8 de marzo de 2016

Contacontos: VERMELLO, AZUL, AMARELO


Como cabía esperar, hoxe as mulleres protagonizaron o día. Veredes fotos da nosa celebración, se cadra, mañá, pero antes, un contacontos a cargo da profe Cris -muller, mestra e contadora de historias-. Fixo a tradución do libro "Rojo, Azul, Amarillo", de Edoardo Bardella Rapino, ilustrado por Eric Battut. Ao principio había tres cores: a vermella, a azul e a amarela. Pero un día ocurriu algo extraordinario: a cor vermella e a amarela déronse unha aperta moi forte e naceu a cor alaranxada!! Así é como descubriron que se xuntaban dúas cores, aparecía unha nova. Todas as cores do mundo mundial!!!
Despois diso, traballou cos nenos e nenas maiores de infantil e elaborou o libro co traballo de todos eles... E VAIA TRABALLO!!!!
Hoxe contáronolo no recreo entre a profe Cris, e Aitana, Thalía, Alisson e Naiara, que fixeron a escenificación. A estas cinco mulleres -unha grande e catro peques- dámoslles a NORABOA por que o pasamos boooomba!!!
Ademais, se vos apetece ver as fotos, comprobaredes que non todo acabou aí. Non, non, isto continuou e con moitísima cor por todas partes. Queredes ver en que convertemos o corredor da Biblioteca? Nun obradoiro de mesturas!!! Coomo o pasamos!! Vede, vede...

1 comentario:

Anónimo dixo...

Unha actividade preciosa, Cris!