mércores, 14 de decembro de 2016

CONTACONTOS: "CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS"


Un novo ano Martiño volve á nosa Biblioteca no recreo: "Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis", é un conto de Chema Heras, ilustrado por Kiko Da Silva e publicado pola Editorial Kalandraka. Xa o contáramos no 2013, e se vedes as fotos, comprobaredes que moitos estivestes aquel día, e mirade canto medrastes!!


Bueno, os que escoitastes a historia saberedes que Martiño tivo unha verdadeira sorpresa na Noite de Reis!!!, pero non podemos desvelala aquí porque senón estropeámoslle a lectura a outros nenos e nenas. Temos dous exemplares no cole; agora mesmo están na exposición de Libros de Nadal, se vos apetece... son para vós!!! Eh! que hai que devolvelos!! Non vos fagades ilusións!

Ningún comentario: