Estas semanas tivemos expostos os libros da paz da nosa Biblioteca na entrada do colexio. É unha forma de darlles visibilidade e de animar aos lectores e lectoras a achegarse a eles.
Éxposición da Biblioteca na entrada do Colexio
Esta mañá celebramos despois do recreo o DÍA DA PAZ. O primeiro que fixemos foi ler o LIBRO COLECTIVO DESTE ANO. Esperamos telo listo esta semana para que o poidades ver completo; de momento, aquí vos deixamos a portada, e as imaxes de todos os cursos lendo as súas achegas para que un ano máis este libro se puidese facer realidade.
A continuación, dúas contacontos especiais, as profes Cris e Rosa, contáronnos "O monstro de cores", de Anna Llenas. Cun proxector e unha mesa de luz fixeron maxia na Biblioteca. Logo disto, amosáronos os botes onde poder separar as emocións e propuxéronos unha actividade que nos fixo pensar en nós mesmos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario