xoves, 6 de abril de 2017

FROITAVÉN

A ANPA puxo en marcha o pasado mes a campaña "FROITAVÉN", froita todos os venres!!!
Xa comemos mazás verdes, mandarinas, plátanos, mazás vermellas e fresas!  Con que nos agasallarán mañá? Con riquísimas peras!!!

Os maiores de 5º e 6º estiveron a preparar carteis con información sobre os beneficios das distintas froitas,  e tamén publicidade para animar a todo o alumnado a comer froita cada día. Buscaron e seleccionaron información e imaxes. Logo disto imprimimos os traballos, que agora están na entrada do colexio.








Grazas á ANPA pola vosa iniciativa e por apoiar e reforzar os bos hábitos de alimentación no colexio.





Ningún comentario: