Esta mañá, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º asistiu a unha charla sobre o ACOSO ESCOLAR impartida por unha inspectora da Policía Nacional, e promovida pola ANPA do noso centro.
Na mesma puideron e puidemos reflexionar sobre a importancia do respecto aos compañeiros e compañeiras. Tamén se fixo incidencia da necesidade do apoio de todo o grupo aos que poidesen estar sufrindo calquera das formas de acoso escolar. Unha vez máis reflexionemos e actuemos. Nas mans de todos e todas está frear ao acosador.
Ningún comentario:
Publicar un comentario