Esta mañá celebrouse a entrega de premios do III Certame Literario Carmela Loureiro. Contempla premios para micropoesía, microrrelatos e micoteatro. Nesta edición houbo 9 primeiros premios e 12 accésits. Un libro recolle todos os traballos presentados, logo dunha primeira selección nos centros.
No CEIP de Pazos seleccionamos dous traballos para presentar na modalidade de micropoesía:
"Non digas non", de Abraham Jiménez Conchado, e "6 versos poéticos", de Kelly-Obas Osagie López.
E dous microrrelatos: "O Nadal que dou a esperanza", de Irene Fraguela Trastoy, e "A bolboreta sen ás", de Sofía Sanjurjo López. Este último premiado cun accésit. Hoxe Sofía recolleu o premio e estas son as imaxes.
Felicidades aos catro, e unha NORABOA especial para ela!!
Foto: Andrés Vizoso |
Foto: Andrés Vizoso |
Ningún comentario:
Publicar un comentario