Esta mañá visitáronnos Dani e a súa nai, Ana. Hai catro anos que marcharon do noso cole, ademais de deixar atrás a súa terra. Mirando cara ao futuro con moita valentía, acomodáronse, por fin, en Xenebra. Hoxe non podiamos perder a ocasión de telos na clase e charlar con eles de todo o que nos dou tempo: a súa vida alí, os difíciles comezos, os estudos, as relacións de novas amizades, a sanidade, o transporte, os costumes, o traballo, o tempo de lecer... Que interesante, canto proveito tiramos da súa visita e canto nos agradou a súa compañía.
Durante o tempo que compartimos, recordamos tamén unha sesión na Biblioteca no ano 2013, na que entre os dous contaran "O PEIXE ARCOIRIS"
Preme na imaxe se queres recordar aquela sesión |
Dende aquí enviámoslles toda a enerxía e ánimo para que continúen o seu camiño, sen esquecer a súa casa. ATA SEMPRE!!
1 comentario:
Oleco una familia
soi juan davib
Publicar un comentario