mércores, 21 de marzo de 2018

CHARLA DA POLICÍA NACIONAL SOBRE AS DROGAS E O ALCOHOL

https://photos.app.goo.gl/Z7aZmT0zuA4Xm1NA2
Hoxe tivemos unha nova e interesante charla da Policía Nacional, dentro do ciclo que a ANPA solicitou. O tema desta mañá tratou sobre as drogas e o alcohol.
Son temas que nos preocupan como educadores e como pais e nais, e nada mellor que escoitar os consellos das mans dos profesionais que traballan cada día orientando ás novas xeracións nos colexios. 

Grazas, unha vez máis á ANPA do noso colexio, involucrada e colaboradora. Xuntos construímos un espazo educativo do que poder gozar.

Outras charlas da POLICÍA NACIONAL no cole.
Outras actividades da ANPA

Ningún comentario: