xoves, 8 de marzo de 2018

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

"As nenas crense menos brillantes ca os nenos a partir dos seis anos". Con este titular déronse a coñecer os resultados dun estudo recente publicado na revista Science, que concluía que os estereotipos de xénero limitan as expectativas das nenas desde a máis tenra infancia." Así comeza o prólogo de PIONEIRAS, un libro de Anaír Rodríguez, ilustrado por Nuria Díaz, de Xerais.

https://blog.xerais.gal/2018/presentacion-na-coruna-de-pioneiras-de-anair-rodriguez/

 "Unha das primeiras correspondentes de guerra foi galega, tamén unha das primeiras navegantes, escritoras ou directoras dun xornal. Este libro fala de doce mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes.
Mulleres reais e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecene ser coñecidas e postas en valor."

Mañá, no centro celebraremos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA cunha "Caza do Tesouro" adicada ás mulleres que fixeron e fan historia. Promete ser un día emocionante con probas diversas que coñeceredes ao seu debido momento. E cunha sorpresa final chea de... intriga, maxia e ilusión!
Queres ver como celebramos este día outros cursos?  
Aprendendo a pensar e a valorar dende a Biblioteca Escolar!
FELIZ DÍA!

Ningún comentario: