martes, 24 de abril de 2018

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO NO IES DE CATABOIS

https://photos.app.goo.gl/NbDiROiXfdamOA1r1
Fátima Fernández e os seus libros POP UP
Estamos agradecidos ao IES de Catabois, e en especial ao Equipo da Biblioteca, pola súa acollida, sempre agarimosa e preocupada. Como cada ano reunímonos na Biblioteca do Instituto, na que tivemos tempo para visitar unha interesante colección de cadros de diferentes épocas e estilos que recollían escenas relacionadas coa diversidade, as desigualdades... Despois asistimos á sesión de contacontos de Fátima Fernández que nos amosou un bo número de libros Pop Up, cos que confesou, aprendeu a amar os libros e a lectura.
A continuación, como cada ano, visitamos o mercadillo solidario, mercamos libros para nós, para o cole, para algún irmán pequeno..., e por último, e despois de repoñer forzas, XOGOS POPULARES.
Coma sempre, felicidades ás organizadoras, pola invitación, polo cariño co que nos reciben e por facernos sentir coma na casa.
Pasámolo fenomenal,
que mellor forma de celebrar o DÍA DO LIBRO?
MIL GRAZAS UN CURSO MÁIS!

Saímos na prensa!

OUTROS ANOS NO IES DE CATABOIS

Ningún comentario: