martes, 17 de abril de 2018

CHARLA SOBRE NUTRICIÓN: Iria Sánchez Anca

https://photos.app.goo.gl/Z1eararxSKx6Hhbt2
Despois do recreo, esta mañá, reunímonos na sala de audiovisuais para escoitar a Iria Sánchez Anca, unha dietista nutricionista que nos falou sobre a importancia dunha boa alimentación. Falounos do azucre e das graxas; dos alimentos máis saudables e dos hábitos alimentarios que debemos ir incorporando á nosa vida, se queremos estar sans. Logo desta charla, quedaros os maiores un tempo máis para preguntar dúbidas e falar máis polo miúdo.
Cremos de vital importancia traballar a nutrición dende todos os ámbitos que afectan aos nosos nenos, as familias e a escola, por suposto.
Agradecemos á ANPA, unha vez máis, a súa disposición para ofrecernos estas interesantes charlas que vén promovendo estes cursos. E tamén, a Iria, pola súa xenerosidade. Pola nosa parte, esperamos poder contar con ela cara ao vindeiro curso, xa que este tema vai dar moito que "roer"!!

Ningún comentario: