luns, 21 de maio de 2018

MatesPazoS - IV EDICIÓN

https://photos.app.goo.gl/nxPQSLqr6VtAo6Ni2
XA ESTÁ TODO PREPARADO PARA 
O MATESPAZOS - IV EDICIÓN
COMEZAMOS MAÑÁ!
DISPOSTOS A ENFRONTARVOS A 
15 NOVOS RETOS MATEMÁTICOS?
 Hoxe, en HORA DE LER, a primeira hora da mañá escoitamos "Fibonacci. El soñador de números", de Joseph D´Agnese e ilustrado por John O´Brien, da Editorial Juvetud. 

"Na Italia medieval, vivía un neno chamado Leonardo Fibonacci, que soñaba de día e de noite cos números. El era un soñador e a xente non o comprendía.
Cando Leonardo creceu e viaxou polo mundo, descubriu que existían outras maneiras de escribir os números e estudou todo o que puido sobre eles.  Fibonacci viu que moitas cousas na natureza, desde o número de pétalos dunha flor á espiral dunha cuncha, parecen seguir un patrón determinado. O neno do que todos se burlaban por pensar obsesivamente nos números descubrira o que foi coñecido como a Secuencia de Fibonacci e foi un dos maiores matemáticos da Historia."
Ademais, introduciu os números indoarábigos e o sistema decimal, que agora utilizamos, en Europa. Antes só coñecían os números romanos, e operar con eles era moi lento!

http://www.editorialjuventud.es/3848.html

http://www.editorialjuventud.es/3848.html

http://www.editorialjuventud.es/3848.html

http://www.editorialjuventud.es/3848.html
Este libro está na Exposición que acompañará esta IV edición do MatesPazoS  ata final de xuño xunto a outros libros moi interesantes que vos poden axudar a resolver certos enigmas e retos, ademais de pasalo xenial!
MOITA SORTE A TODOS E TODAS
E,
A XOGAR!

Ningún comentario: