Este sábado ás 12 da mañá tivo lugar, no Centro Cultural Torrente Ballester, a entrega de premios da Segunda edición do concurso de debuxo, CANVIVINDO, que trata de poñer en valor a responsabilidade dos humanos cara aos animais: o seu coidado e protección, ao tempo que serve de apoio para o coñecemento da Ordenanza Municipal. CANVIVINDO completa a iniciativa do concurso, como xa recordaredes, coa visita aos centros participantes de CASAGA.
Dende a Biblio queremoS felicitar a Paula López Mella, Iria Aullón Pérez, Gaia Somaza Nieto, e tamén a Martín Tominaga Otero e Laura Bra Piñeiro, que, aínda que non aparecen nas fotos tamén foron seleccionados e mañá poderán recoller o diploma e o seu premio no colexio.
NORABOA AOS CINCO
POR ESTE MERECIDO RECOÑECEMENTO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario