venres, 22 de xuño de 2018

PREMIOS MATESPAZOS

https://photos.app.goo.gl/ZQ6mCpkas1HZqRWR9
Onte foi un día grande para o noso centro. Despedimos o curso cunha entrega de premios e unha xornada para recordar, na praia de Ares. Un fin de curso redondo!
Fixemos a entrega de premios do MATESPAZOS: 4º  edición do Matespazos e 1ª edición do Matespazos REbuldeir@s. Os gañadores foron os seguintes:
En primeiro houbo un empate entre Diego e Jimena; en segundo, Aitana; en terceiro, un novo empate entre Icía e Diego; en cuarto, María; e en quinto e sexto, Iria e Nuria. NORABOA A TODOS E TODAS polo esforzo e, sobre todo por  chegar ata o final, por seguir tentando día tras día descubrir as respostas de cada reto.
Houbo un montón de agasallos porque ademais dos dos premiados repartimos as bolsas a todos os que participaron; unhas fermosas bolsas amarelas para este verán!. Agora toca empezar a preparar as seguintes edicións. Estades preparados?

Ningún comentario: