martes, 5 de xuño de 2018

REUBICANDO ESPAZOS, CREANDO OUTROS! ESTA BIBLIOTECA...!

https://photos.app.goo.gl/NfjcAvhorvRmRsvM9

https://photos.app.goo.gl/NfjcAvhorvRmRsvM9
Xa sabedes que estes días temos a Biblioteca "PATASPARRIBA!" Grazas á aportación do PLAMBE  e á do propio centro, imos poder renovar este espazo tan querido por nós. Reubicaremos as zonas de lectura dos pre e primeiros lectores, dos autónomos e expertos. Incorporaremos novo mobiliario e material para ampliar os recantos de investigación, creación e traballo, e, polo tanto, se todo sae ben, os últimos días deste curso poderemos ver todo listo e gozar dunha nova BIBLIOTECA. Estas son as primeiras fotos que puidemos facer. Para ver os resultados teredes que agardar un pouco...
Pero ademais temos preparada unha inauguración oficial doutro espazo creado con moito agarimo e desexado por todos. De momento só podemos anunciar ata aí... Mmmm, algo de expectación non vén nada mal.

Ningún comentario: