PREME NO COLAXE PARA VER TODAS AS FOTOS |
Esta mañá visitáronnos algúns membros da Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra (AXF), unha asociación con máis de corenta anos de historia na comarca. A súa presidenta, Teresa Gallo Lastra, falounos de como superar as barreiras na vida cotiá, na casa, na escola, na rúa..., tratando de sensibilizarnos ante os problemas que unha persoa xorda ten que superar. Conseguir que unha persoa xorda poida ser autónoma e non teña que depender da familia ou dos amigos é o obxectivo.
Cremos que foi unha charla moi interesante na que pensamos solucións e puidemos achegarnos un pouco máis á LSE. Repasamos o alfabeto, vimos os números, as cores, moitos animais e as expresións máis frecuentes de presentación, saúdos e despedidas... E como veredes nas imaxes, ata houbo un momento para facermos unha SOPA DE LETRAS!!
MOITAS GRAZAS, TERESA E EQUIPO!
UNHA CHARLA MOI PRODUTIVA,
AGORA, A PRACTICAR!
Se queredes ampliar información, podedes ver neste vídeo a Teresa explicando cales son os obxectivos desta asociación de Ferrolterra...
Ningún comentario:
Publicar un comentario