E para acompañar as fotos da vendima que fixeron en INFANTIL, aquí vos deixamos:
A FÁBULA DE ESOPO "A RAPOSA E AS UVAS"
Unha raposa, morta de fame, viu ao pasar, penduradas da vide, alguns acios de fermosas uvas negras e maduras.
Ela usou todas as súas argucias e artimañas para collelas, mais como
estaban fóra do seu alcance, acabou cansa e sen folgos, e nada
conseguiu.
Despois dun tempo deu media volta consolándose a si mesma, e medio desanimada dixo:
A verdade é que, se miro con máis atención, vexo que as uvas aínda están moi verdes, e non maduras coma eu pensei ao principio.
Sentenza: A miúdo os homes e as mulleres finximos desprezar aquilo que arelamos e non podemos conseguir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario