mércores, 21 de novembro de 2018

CONTACONTOS: NO BOSQUE, de Anthony Browne

https://photos.app.goo.gl/3csCRffqbAjsfdF29
Fusía, Icía, Hugo e Alisson Kate escolleron este álbum da Biblioteca: "No bosque", de Anthony Browne. Un interesante libro  que trata do medo e a superación persoal, a familia, e as relacións entre nenos e adultos, entre outros temas.
"Unha mañá, papá non estaba. Pregunteille a mamá cando regresaría, pero non tiña cara de sabelo. Ao día seguinte, pediume que lle llevase un pastel á avoa que se sentía mal. Hai dous camiños para ir á súa casa: o longo, polo que tardarás máis, ou o atallo a través do bosque. -Non vaias polo bosque, dixo mamá, vaite polo camiño longo. Pero eu quería estar na casa por se papá regresaba..."
Coma sempre, encantounos pasar este tempo gozando dunha historia, e se a historia é de Browne, o éxito está asegurado, non si?
Alisson Kate, Hugo, Icía e Fusía, escollestes un bo libro. Moitas grazas por preparalo así de ben. A posta en escea foi moi boa, lestes de marabilla e estamos desexando escoitarvos outro. Animádevos que nós vos esperamos.
NORABOA AOS CATRO!!! 

Ningún comentario: