Onte visitamos a Afundación para visitar a exposición "A fronteira Infinda", unha exposición dos pintores galegos e a emigración.
Logo de facer unha reflexión sobre o que supón para calquera persoa ter que emigrar, marchar do seu país polos motivos que sexa, pensamos na arte como transmisión dos sentimentos e propuxéronos facer un xogo para o que nos dividimos en cinco grupos.
A través dunhas fichas que orientaron a nosa investigación na sala, tivemos que localizar uns pintores e as súas obras e logo facer unha pequena exposición co resultado ante os demais compañeiros e compañeiras.
Así coñecemos as obras de Isaac Díaz Pardo, da man das Súper Galegas: Icía, Marta e María.
A Jorge Castillo e José Mª Labra, cos Súper Piratas do Atlántico: Irene, Ezequiel e Laura.
A Lago Rivera e Tino Grandío, cos Buscadores do coñecemento: Yago, Álex, Jatniel e Martín.
Aos irmáns Mario e Eugenio Granell, cos Necesitados dun heroe: Iria, Gaia e Fusía.
E a Leopoldo Nóvoa, cos Súper Cacharreiros: Hugo, Igor e Alejandro.

Por último, un obradoiro no que debuxamos e acabamos con tinta china uns pequenos debuxos onde plamamos as nosas preocupacións (guerras, machismo, polución...) e que logo quedaron recollidas nunhas carpetiñas.
Estivo fenomenal!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario