Onte pola mañá, un pouquiño antes do recreo, escoitamos a música de Chispa por todos os corredores e aulas! Saímos correndo para ver que pasaba, debía de andar polo cole, senón, esa música non soa así porque si. Fomos rápido á Biblioteca pero non estaba. non sabemos que lle pasa a Chispa que sempre lisca rápido. Mira que queremos vela e dicirlle cousas, pero non hai maneira!
Claro que xa imaxinaredes o que atopamos na Biblio, non? Se premedes na imaxe veredes tooooodo o que deixou. Isto é un NADAL CHEO DE LIBROS!
Por certo, coa maleta, sempre a súa carta. Iso non falta. Lede, lede...
Ningún comentario:
Publicar un comentario