luns, 29 de abril de 2019

CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO NO INSTITUTO DE CATABOIS

https://photos.app.goo.gl/jN63YqtzRqY9fVKK6
O pasado venres visitamos como cada curso o IES de Catabois para celebrar con eles o DÍA DO LIBRO. Coma sempre agradecemos que nos reciban e preparen para nós un montón de actividades. 
Ao chegar reunímonos con dúas ex alumnas, Keira e Nuria, que nos acompañaron no percorrido. Primeiro fomos á Biblioteca e despois participamos nun obradoiro de Scrapbooking para decorar unhas libretas. Encantounos! Xa somos case especialistas ; )
Rematamos a mañá no tradicional MERCADILLO SOLIDARIO DE LIBROS. Coma sempre, todo o recadado entrégase á Cociña Económica da cidade. Como veredes só hai unha foto do mercadillo, e é que cando chegamos empezamos a ver tantos libros que nos emocionamos e a cámara quedou apartada. En fin, moi boa idea, moi boas anfitrionas, e moi agradable a visita. 
SE NOS VOLVEDES INVITAR, ATA O VINDEIRO CURSO!!

Ningún comentario: