Esta tarde despedímonos das Actividades Extraescolares ata o vindeiro curso. Houbo un pouquiño de todo: baile e karate de grandes e peques no ximnasio, e un vídeo recopilatorio das actividades destes meses na Sala de audiovisuais. 
A verdade é que o fixeron de marabilla e deu gusto asistir a este peche do curso. 
FELICIDADES ÁS MONITORAS, AO MONITOR E 
A TODO O ALUMNADO DO NOSO CENTRO. 
GRAN TRABALLO!!
Así rematamos un ano escolar! 

Ningún comentario:
Publicar un comentario