mércores, 15 de maio de 2019

LEANDRO LAMAS - Un obradoiro con moita arte

https://photos.app.goo.gl/W9fmp4W9BV4B9ZZ79
https://photos.app.goo.gl/W9fmp4W9BV4B9ZZ79

Dentro das actividades enmarcadas na celebración das LETRAS GALEGAS, onte tivemos a sorte de contar con Leandro para facer dous obradoiros de ilustración. Primeiro cos peques de Infantil e 1º e 2º, na aula dos Rebuldeiros. Despois, na Biblioteca, 3º, 4º, 5º e 6º. 
Pasiño a pasiño os nenos e nenas foron descubrindo que eran quen de crear a súa propia ilustración; para iso, nada coma un artista coma Leandro que os axudou no proceso con humor, paciencia e bo facer.
MOITAS GRAZAS POLA TÚA VISITA
E GRAZAS Á ANPA QUE A FIXO POSIBLE!

Ningún comentario: