luns, 30 de setembro de 2019

E chegou a maleta de Chispa: Inauguración da Biblio 2019 / 2020

E hoxe, coma por arte de maxia, xusto cando íamos a entrar nas aulas despois da nosa breve activación matinal comezouse a escoitar por toooodo o cole esa música tan familiar para nós: "Chis, chis, plof, plof... Chis, chis, plof, plof".
E claro! case todos e case todas sabíamos o que estaba a acontecer... pero outros, a verdade é que non tiñan nin idea do que estaba sucedendo.

Alá que nos fomos todos correndo á Biblio pois estaba claro que por aí tiña que estar Chispa. Pero nada, coma sempre, esta meiga amiga foi máis rápida ca nós e volvéusenos escapar. 



Iso si, non se esqueceu de deixar a súa maleta cargadiña de libros, unha carta contándonos un milleiro de cousas e tamén nos trouxo uns preciosísimos agasallos en forma de lapis de cores e marcapáxinas para que a teñamos sempre moi presente.


Para rematar a xornada repasamos as Normas da Biblioteca coa axuda do caracol Roi, a profe Rosana contounos a Historia dunha Meiga por se algún todavía andaba despistado e non soubese quen é Chispa.


E por supostísimo, a partir de agora a nosa Biblioteca estará aberta todos os recreos, comezarán os empréstitos semanais por aulas, haberá contacontos e faremos todas esas cousas que facemos sempre e coas que disfrutamos tanto... pero ademais temos que contarvos que neste curso haberá moitas sorpresas.

(preme nesta imaxe se queres ver máis fotos de hoxe)


Estades preparados??? Empezamos!!!

Ningún comentario: