venres, 20 de decembro de 2019

Mary Poppins, o musical

Desde hai xa tres cursos, no festival de inverno deixamos as panxoliñas de lado e adentrámonos no mundo dos musicais. Durante todo o primeiro trimestre, o alumnado do cole participa na confección das letras e do atrezzo necesario, pero tamén fai un traballo vocal e de expresión corporal que o día do festival quedará materializado nun espectáculo que sen dúbida quedará gravado para sempre na súa memoria. 

Este ano, Mary Poppins, unha aia moi singular aterrou no cole de Pazos traida polo vento do leste. 

Pero é que ademáis, este ano tivemos a sorte de contar con música en directo grazas a Iria Anidos (trombón), Alejandra Medín (clarinete), Leire Barbadillo (violonchelo), Ana Fernández (frauta), e a nosa profe Kelly Picos (saxofón).
Grazas a elas, e coas melodías da película, voltamos á nosa infancia... con un pouco de azucre...  chim chimení, chim chimení... supercalifraxilísticoespialidoso... Durante máis dunha hora puidemos gozar coa música e as voces dos nenos e nenas do cole de Pazos, cun espectáculo cheo de maxia e no que as emocións ponse a flor de pel. 



Deixámosvos por aquí as fotos que fixo Rebeca del Río, que como sempre, non poden ser máis bonitas. 

Moitas, moitas, moitísimas grazas!





E despois do festival, que mellor forma de recuperar folgos que degustando un riquísimo chocolate? Grazas á nosa ANPA, que desde ben cediño estivo preparando litros e litros de chocolate dos que grandes e pequenos dimos conta, acompañados de churros e outros doces caseiros elaborados polas familias da ANPA.

Por aquí vos deixamos unha proba. Hummmm! 😜
(As fotos seguen a ser de Rebeca del Río)




Ningún comentario: