Como apoio ao noso proxecto de alimentación e vida saudable que estamos levando a cabo no noso cole, hoxe fixemos unha visita ao Gadis de Portanova, un dos centros desta cadea de supermercados nos que se está a desenvolver o programa ALIMENTES: Unha aposta educativa para fomentar os hábitos de consumo responsable e unha alimentación saudable dos máis novos das casa. Ademais, desde a propia web da campaña, tedes acceso a un montón de materiais didácticos moi atractivos que podedes facer desde a casa entorno a estes catro eixos: alimentación saudable, vida activa, consumo responsable e desperdicio alimentario.
Nesta visita ademais de ensinarnos as diferentes seccións do supermercado faláronnos da importancia da alimentación sobre a nosa saúde. Aprendemos como se clasifican os alimentos na pirámide de nutrición e que esta indícanos a frecuencia coa que debemos consumilos. A base dunha alimentación saudable reside en comer todos os grupos de alimentos, pero priorizando os productos frescos e incluíndo unha importante cantidade de froitas e verduras.
Ao final da visita obsequiáronnos cunha mochila cunha pequena merendiña saudable da que gozamos no parque de Portanova. Como nos gustan estas visitas nas que temos oportunidade de espallarnos un pouco pola nosa cidade!
Ningún comentario:
Publicar un comentario