Un ano máis tócanos celebrar o Día do Libro, mais este ano o facemos dun xeito moi especial e que permanecerá por moito tempo na nosa memoria, xa que unha situación tan excepcional como a que estamos a vivir sen dúbida marcará a nosa viaxe de vida.
Desde o confinamento dos vosos fogares respostastes á chamada de Chispa. Quixo que vos convertérades en "Booktubers" e que provocárades unha pandemia de recomendacións lectoras, e así o fixestes. Mais esta pandemia non é letal, nin moito menos, senon sanadora.
E cal é a mellor forma de celebrar o Día de Libro? Pois non se nos ocurre mellor maneira que coa última das recomendacións lectoras chegadas á caixa do correo electrónico de Chispa. Pero ollo, que non é unha recomendación dun só libro, eh? É unha recomendación lectora dunha chea deles. Preparádevos para escoitalo!
Grazas Roi, por compartir con nós todos estes libros e os teus arelos deste confinamento.
Feliz Día do Libro e Felices Lecturas!
e recorda...
Se non les, non pasa nada.
Pero se les,
poden pasar moitas cousas.
E neste día tamén queremos renderlle homenaxe ao escritor que da nome á nosa Biblioteca, recordando a exposición que tivo lugar en Ferrol no ano 2010: "Juan Farias. Un mar de palabras e de imaxes sobre o escritor e ferrolán universal"
Agradecemos ao Concello de Ferrol a elaboración deste audiovisual no que se recolle o contido desta exposición con elementos da súa vida e a súa obra, así como as aportacións feitas por importantes escritores galegos amigos do autor.
1 comentario:
O IES DE CATABOIS bótavos en falta neste día no que estariamos celebrando todos xuntos a nosa feira do libro solidario. Xa vemos que seguides tan activos coma sempre e con iniciativas estupendas.
Oxalá poidamos xuntarnos axiña e compartir experiencias xunt@s
Bicos a toda a boa xente do CEIP de Pazos de parte do IES de Catabois
Publicar un comentario