xoves, 28 de maio de 2020

Unha nova edición de MatesPazos e os ChisPazos Nutricionais,


Xa estamos chegando ao mes de xuño... Na parede da entrada do cole estaría colgado o anuncio do que está a piques de aconteder. Si, si, o sabedes moi ben:
UNHA NOVA EDICIÓN DO MATESPAZOS e os CHISPAZOS NUTRICIONAIS.
Ainda que desta volta, será unha "edición especial para o confinamento". 

Diariamente, ás 9:00 da mañá, colgaremos o reto do día no blog da biblioteca e teredes que respostar a través de calquera dispositivo ao voso alcance. Cada quen debe facer o reto correspondente á súa categoría. Vaaaale, podedes contestalos todos se queredes, pero os puntos só os imos contabilizar na vosa, eh? 


Teredes 24h para contestar.
Logo non admitirá máis respostas.

Unha soa resposta por participante.

E lembra voltar ao día seguinte!!!


E claro, se hai puntuación... hai premio. Isto é un concurso! O último día do cole facíamos a entrega dos premios, pero este ano os premios quedarán para setembro

Para os maiores entramos na V EDICIÓN de MATESPAZOS, para os nosos REBULDEIR@s será a segunda e temos de estrea aos pequesPazos. A ver que tal se lle dan estes desafíos matemáticos aos peques do cole! 
Todos os anos abríanse estas olimpiadas cunha historia na nosa biblioteca: "Fibonacci, el soñador de números" de Joseh D'Agnese, "Inventando números, de Gianni Rodari... 
Este ano toca facelo a través do blog, así que aquí vos deixamos "El punto y la línea - Un romance en Matemáticas Elementales" de Norton Juster, nunha versión animada de Chuck Jones coa que acadou un Óscar á mellor curta de animación en 1965.




En canto aos CHISPAZOS NUTRICIONAIS, para todos e todas será a II EDICIÓN. O ano pasado quixemos cambiar a olimpiada matemática por unha olimpiada nutricional, e ao final quedámonos coas dúas!!! Estades engachadísimos ás mates, Eh?
Xa sabedes o importantísimo que é coidar a nosa alimentación desde pequenos. Así, cando medredes, vos convertiredes en adultos saudables. Neste outro vídeo podedes ver cantos motivos temos para coidar a nosa alimentación. 





Estades preparados para MATESPAZOS e CHISPAZOS NUTRICIONAIS

Comezamos en 4 días!!!

Se queredes facer un pouco de memoria cos retos de anos anteriores, tédelos na parte superior do blog.

Ningún comentario: