mércores, 13 de xaneiro de 2021

Comezamos o novo ano cheo de talentos!

Todos e todas temos algo que nos fai especiais: debuxar, bailar, cantar, practicar algún deporte, tocar algún instrumento, cociñar, facer manualidades... que sei eu. Cada quen destaca en algo e non por dárseche mal algunha cousa, deixas de ser especial e valioso.

Pode ser que non sexas o máis rápido correndo, pero que sexas capaz de pilotar un dron! Ou que o que cociñes saiba a raios, pero fagas unhas pulseiras preciosas! Ou tal vez o teu non sexa cantar, pero nades coma un peixe na auga! Quen sabe cal é o teu talento. Es quen de amosalo aos teus compañeiros e compañeiras? 

Pois imos comezar o ano, para traballar o Día da Paz 2021 desde nós mesmos, amosando o que nos fai valiosos. 

Que o mes de xaneiro, ademais de traernos un ano novo, nos encha de ilusións para ser cada día un chisco mellores e esforzarnos en todo o que fagamos.

Pide axuda de alguén da túa familia e graba un pequeno vídeo de non máis de 20-30 segundos no que expliques ou amoses que é o que te fai especial, cal é a túa habilidade ou talento natural. E envíao por correo electrónico a:

chispadepazos@gmail.com

ou a través de calquera outra canle habitual.


LEMBRA:

O importante é ser a mellor versión de ti mesmo. 

Iso é o que nos recorda Chispa na entrada do cole a diario!!!

Ningún comentario: