xoves, 13 de maio de 2021

STEAM: Vehículos en movemento - Circuítos eléctricos

Desta volta, o alumnado de 5º EP levou a cabo o seu proxecto STEAM dentro da área de ciencias naturais, tras ter estudado os elementos que forman un circuíto eléctrico. Esta tarefa ten como obxectivo:

  1. Coñecer os conceptos básicos da electricidade a través da manipulación dos seus elementos.

  2. Montar un circuíto eléctrico seguindo uns sinxelos pasos.

  3. Deseñar e montar unha estructura en forma vehículo propulsado a través dun circuíto eléctrico sinxelo.

  4. Comprobar o efecto da electricidade a través da montaxe do circuíto.

Comezaron investigando e descubrindo de forma teórica o concepto de electricidade, os seus tipos, compoñentes, elementos que forman os circuítos e as normas de seguridade que hai que ter en conta cando se manipula. Todo isto o puxeron en práctica na montaxe dos seus vehículos propulsados.

Materiais empregados na estructura: paus de madeira, rolos de papel, palliñas, tapóns, etc.

Materiais eléctricos: Cables (como material conductor da electricidade), interruptor, motor, baterías e soporte, e hélices.

A continuación, explicámosvos o proceso de montaxe:

  • Comezamos montando o circuíto eléctrico unindo os cables con estaño.

  • Fixeron a base con materiais reciclados como rolos de papel hixiénico ou de cociña, escarvadentes, paus de xeado, palliñas, etc. e decoráronnos.

  • Engadimos á nosa estructura personalizada o circuíto eléctrico.

  • Finalmente colocáronlle as baterías para comprobar o seu funcionamento.

Se aínda tedes dúbidas de cómo hai que construir estes vehículos, deixámosvos este vídeo para que poidades seguir paso a paso a súa montaxe. 


E aquí tedes aos de 5º EP en acción.
Xa sabedes que premendo nas fotos, accededes ao album completo.




E así quedou!


Parabéns polos vosos proxectos STEAM, rapazada!!!

Ningún comentario: