venres, 1 de outubro de 2021

Comezamos!!!

E por fin arrinca o novo curso para a Biblioteca, tras uns días para permitirnos organizar ben recursos e novas iniciativas que incorporar ao noso proxecto lector.

Hoxe voltou soar ese inconfundible Chis, chis, plof, plof! que revoluciona o cole enteiro e anuncia a chegada da maleta de Chispa. E un ano máis toca cumprir co protocolo COVID, así que Chispa non trouxo unha, senon caaaatro maletas: unha para cada grupo de convivencia estable. 

Como sempre, as maletas viñan cargadas de novidades e ilusións: a carta de Chispa, algún agasallo e libros, libros e máis libros. Pero desta volta cunha particularidade que os fai especiais: todos xiran en torno a unha temática común,

OS OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE, da AXENDA 2030.

Que todavía non sabes que son os ODS? Non pode ser!!! Aquí vos deixamos un vídeo onde Chispa explica de marabilla que é isto da Axenda 2030 e cales son os obxectivos de desenvolvemento sustentable. Prestade moita atención porque non está ela soa. De seguro que ides coñecer moi ben aos seus axudantes.

Este é o comezo dun gran Proxecto Documental Integrado (PDI) bianual que leva por título:

"esPazODS para a concienciACCIÓN"

Ao longo deste curso, pero tamén do que vén, imos traballar xuntos artellando pequenas accións que nos permitar avanzar na consecución desta folla de ruta do desenvolvemento sustentable, a través de pequenas MISIÓNS. 

Súmaste a esta aventura???


E como vedes, nesta maleta viñan tamén uns misteriosos sobres cunha proposta en torno ao 
ODS 3: SAÚDE E BENESTAR.


Mobilízate! Forma parte do cambio! Súmaste?
"esPazODS para a concienciACCIÓN"

Ningún comentario: