luns, 20 de decembro de 2021

Visita de Papa Noel

E un ano máis e grazas á nosa ANPA molona, conseguimos traer desde Rovaniemi a Papá Noel, que trouxo un saco cheo de agasallos para cada grupo como adianto ao que está por chegar a todos os fogares do mundo! 

Queredes ver cómo entraba na escola? Pois aí o tedes!!!


E aí estábamos todos no patio, agardando para recibilo cos arelos postos no encontro!
(Preme na foto para ver máis)

Aproveitamos para sacarnos unha foto con el, por grupos...




E logo fomos ás aulas para abrir os agasallos que nos tiña preparados: un kit de arxila polimérica para os peques, combas para @s Rebuldeir@s e Tritóns e uns quebracabezas para os maiores. Pero que sortudos!!!


Moitas grazas á nosa ANPA por organizar o encontro con Papa Noel e a ver se o próximo ano podemos compartir algo máis de tempo xuntos para poder ir recuperando as nosas tradicións.

Ningún comentario: