luns, 10 de xaneiro de 2022

Ano novo e nova misión: ODS 4: Educación de calidade

E xa temos aquí a nova misión dos ODS. Desta volta aproveitaremos o mes de xaneiro para traballar en torno ao ODS 4: EDUCACIÓN DE CALIDADE, e recolleremos todo o que estamos aprendendo en torno aos ODS nun libro colectivo sobre a Axenda 2030 e a nosa particular folla de ruta. 

Xa sabedes que en nestes tempos a forma de compartir debe ser en formato audiovisual, así que mans á obra. Ten que estar listo antes do día 30 de xaneiro, día no que celebramos o Día Internacional da Paz e a non violencia

Porque xuntos, podemos facer un mundo mellor.

Súmaste?



E eiquí tedes os vídeos dos que vos falaba Chispa na súa carta.




#esPazODSparaaconcienciACCIÓN

Ningún comentario: