Aínda que hoxe é o Día de Rosalía, nós celebrámolo xa desde onte, pois a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega promoveu a iniciativa da celebración desta data baixo o lema #sementadepensamentos.
Por iso onte enchimos de pensamentos a nosa horta, á que lle quixemos por o nome desta grande escritora.
Convidámosvos a ler o manifesto que resume a célebre frase de Rosalía :
"Eu son libre.
Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos,
e eles son a lei que rexe o meu destino."
Ao longo do día, poderedes pasar polo vestíbulo do cole a escoller algún poema de Rosalía co compromiso de lelo en voz alta a alguén da vosa familia, a un amigo ou amiga...
Podes lelo no baño, no corredor, na cociña, no medio dun partido de fútbol, na entrada do cole...
POETIZA AO MUNDO!!!
Non puideron escoller mellor lugar!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario