Hoxe pola tarde Vero Rilo e Sonsoles Penadique trouxeron ata o cole de Pazos o seu espectáculo "A formiga no carreiro", unha deliciosa sesión de contos musicados que veñen da tradición oral lusófona...
Unha viaxe polas terras da Galiza, Portugal e mesmo do Brasil para contar, cantar, bailar e brincar cos contos da tradición oral e a música. A partir das cancións do libro de Zeca Afonso para crianzas e unha selección de contos populares festexamos e reivindicamos a universalidade e potencialidade da nosa lingua. Porque se hai algo que nos une é o que transmitimos de xeración en xeración a través da tradición oral en forma de contos... e cantos.
"Polo mar abaixo vai unha formiga cunha man na testa e outra na barriga... "
Ningún comentario:
Publicar un comentario