Quixemos despedir o Lectura e familias deste curso cun obradoiro no que nos trasladamos ao espazo exterior do cole que xirou en torno a "outro tipo de lecturas" que lle deran pistas ás familias sobre as novas correntes pedagóxicas, moito máis centradas na curiosidade natural dos nenos, a experimentación, os materiais non estructurados e tamén conectada coa natureza.
Así, armamos diferentes propostas cun punto en común: a construcción.
Foi unha tarde xenial, gozada de principio a fin, na que grandes e pequenos puideron deixarse levar polas diversas sensacións que foron xurdindo... Deixámosvos algunhas fotos como proba.
Ningún comentario:
Publicar un comentario