venres, 6 de maio de 2022

Ioga na escola

Grazas á nosa participación no Contrato Programa Innova, EDU-saúde, estes dous últimos meses poderemos ter unha sesión de ioga na escola cada 15 días cunha mestra especializada en ioga familiar e para nenos. Grazas Lali por aventurarte neste proxecto con nós.

Así que isto acaba de comezar. As dúas primeiras sesións, neste mes de maio, comezarán @s peques e @s rebuldeir@s, polo que como a herba aínda está mollada temos que levalas a cabo no interior. Os tritóns e os maiores poderán gozar do exterior tan marabilloso que temos, pero que non se emocionen, que o mes que vén cambiarán as tornas para que todas e todos poidamos gozar de estar en contacto coa natureza.

Deixámosvos algunha foto por aquí para que vexades, pero se de verdade sodes curiosas, premede en calquera delas para acceder ao álbum completo.

PequesPazos





Rebuldeir@s




Tritóns



Q.S.U.




"Sementade axiña a semente dos bos hábitos. Medrará pouco a pouco."

 Sivananda

Ningún comentario: