venres, 13 de maio de 2022

Poesía e Imaxe 2022

Un ano máis o noso alumnado resultou premiado no Certame "Poesía e Imaxe. En galego, sen filtro", organizado pola Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol.

O equipo morado dos pequesPazos - Isabel, Sofía, Tiago e Elisa - concedéronlle o primeiro premio da súa categoría pola interpretación do poema en lingua galega:

"e porque chove os habitantes do poema teñen que abrir os seus paraugas."

                                                                            - CHUS PATO -

Pola súa parte, @s rebuldeir@s de Pazos tamén acadaron o primeiro premio na categoría audiovisual coa súa fermosísima interpretación do poema:

"Se me quixeres quéreme enteira
Non por zonas de luz ou sombra.
Se me quixeres, quéreme negra e branca,
e gris, e verde, e loura e morena.
Quéreme día, quéreme noite
e madrugada de xanela aberta.
Se me quixeres non me recortes,
Quéreme toda... ou non me queiras."

- DULCE MARÍA LOYNAZ -


Marabilloso! 

E por aquí vos deixamos aos premiados recollendo o premio na tarde do venres no Centro Cívico de Canido. Parabéns polo vosos traballos e pola vosa creatividade. 
Agradecerlle tamén a Pablo Prados, pai de Elisa Brozos as fotos que tirou e que poderedes ver se accededes ao álbum completo, premendo en calquera das imaxes a continuación. 




Bravo por elas e eles. Cánto talento temos neste cole!

Que viva a poesía e que viva a nosa lingua. Por mil primaveras máis!

Ningún comentario: