mércores, 4 de maio de 2022

Un hotel de 5 🌟 para a nosa horta

E como producto final da MISIÓN 7, que vai sobre o ODS 15: Vida dos ecosistemas terrestres, os peques do cole decidiron construir un hotel para bichos, que axudará a manter libre de pragas a nosa horta e favorecerá a produción sostible, grazas á colaboración dos insectos polinizadores que atoparán refuxio nel.

Estivemos recolectando un montón de materiais entre todos, nos paseos coas nosas familias, pero tamén do propio patio do cole, xa que temos a sorte de ter unha masa arbórea importante. Realmente somos afortunados!

O noso imprescindible conserxe Xaime construinos a estructura e xa só quedaba enchela. Durante dous días estivemos completando a estructura aos poucos e entre todos e todas, ata que conseguimos enchela por completo.




Tamén creamos outro tipo de refuxio para insectos cuns testos de barro e palla,  unha estructura moi sinxela pero eficaz, no que poderán descansar insectos carnívoros que estean de paso.



Deixámosvos un vídeo feito coas fotos de todo o proceso. 
Xa os temos instalados na zona da horta e agora só queda agardar a que pouco a pouco o noso hotel vaia collendo actividade.


#esPazODSparaaconcienciACCIÓN

Ningún comentario: