xoves, 16 de xuño de 2022

Levamos as aulas para fóra

E chega o bo tempo e non podemos resistirnos a ter as aulas fóra. Hoxe @s rebuldeir@s estrearon unha das nosas últimas adquisicións. Chámanse ZTOOL, e a partir de agora seguro que escoitaredes falar moito delas, porque é unha ferramenta moi útil e sinxela á vez: unha pá en forma de ZETA que serve para sentarse e que leva unha mesa incorporada. Un deseño innovador que permite ter un posto de traballo en calquera lugar, incluído no novo espazo dos Bancos da amizade.


A que xa estades pensando en usalas no Bosque dos troncos, na horta ou debaixo do ficus arbóreo? Non me extraña!!!

Ningún comentario: