mércores, 28 de setembro de 2022

Chis, chis, plof, plof! Chegou a maleta!

Hoxe volveu soar esa máxica música que fai que todo sexa posible e puidemos recontrarnos na nosa Biblioteca de novo. Como non podía ser doutra forma alí estaban agardando por nós catro maletas repletas de novidades lectoras e por supostísimo, a imprescindible carta de Chispa.


Unha carta coa que recordamos un ano máis a Historia dunha Meiga e as normas de uso da Biblioteca grazas á Guía de usuarios do caracol Roi.
Pero coa que tamén recordamos o proxecto iniciado o curso pasado e que continuaremos desenvolvendo neste e nos vindeiros cursos. O PDI #esPazODS_para_a_concienciACCIÓN

Lembrades aos profes cómo nos explicaban os ODS ao inicio do curso pasado? Algúns deles agora están noutros coles, agardamos que espallando as sementes que levaron no corazón. 


A nosa folla de ruta da Axenda 2030 está todavía incompleta, así que temos camiño por percorrer.
Comeza a MISIÓN 9


Queres saber máis?



Comeza a aventura. Conciénciate, toma parte, pásate á acción!

#esPazODS_para_a_concienciACCIÓN

E se queredes ver cómo foi a reencontro na Biblioteca, premede na foto a continuación.






Ningún comentario: