venres, 2 de decembro de 2022

Acendido das luces de Nadal

Este ano as encargadas de acender as luces de Nadal do Concello de Ferrol foron dúas nenas do noso cole e non puidemos ter mellores embaixadoras. 


O alcalde de Ferrol, recibiu na Casa Consitorial ás nosas Rocío e Celine, que ás 18:00h baixaron as escaleiras do Concello para dirixirse ao centro da Praza de Armas onde, tras unha breve conta atrás, premeron o botón co que se acenderon as luces de Nadal de toda a cidade.



Xunto a elas estivo unha representación de nenos e nenas do cole que quixeron achegarse ata alí para gozar deste momentazo!




E por supostísimo, tamén andaba por aí Rebeca de Mirada de Madrina, a nai de Érica e Iago, cámara en man, a quen lle temos que agradecer - coma sempre - estas fotazas. Mil grazas!
Preme en calquera delas para acceder ao álbum completo.


Comeza o Nadal!!!

Ningún comentario: