mércores, 21 de decembro de 2022

E voltou o Apalpador polo cole de Pazos

E un ano máis, chegou a Pazos o Apalpador grazas á Fundaçom Artábria, e coma sempre falounos do Courel, da flora e da fauna da Galiza, dos incendios sufridos este verán e da importancia de preservar o medio ambiente. Que necesario escoitar este discurso ecolóxico nunha época do ano no que o consumismo dispárase. 

A verdade é que sempre é un pracer escoitalo falar de ecoloxía, a que si? É que o Apalpador tamén sabe cousas dos ODS!!!


E un ano máis, tróuxonos froitos do outono da súa horta para compartirmos. Desta volta foron kiwis e mandarinas... ricas e saudables.  E xa nos dixo, que as castañas só as deixa nas mesas de noite dos nenos e nenas que teñen ben chea a barriga, na noite de Nadal. 

Ata sempre, Apalpador! No cole de Pazos tes a túa casa.

Ningún comentario: