venres, 2 de decembro de 2022

Nova visita de ASPANEPS. "PONTE NO MEU LUGAR"

Nos últimos cursos tivemos a sorte de que nos visitase unha representación da Asociación  ASPANEPS e, coma sempre, hoxe foi un pracer compartir ese tempo con elas e eles para aprender e reflexionar, para saber poñernos lo lugar doutras persoas, para comprender problemas e realidades diferentes ás que moitos de nós vivimos día a día; unha xornada de sensibilización. Grazas a todas e todos polo voso tempo e todo o que nos amosastes.

Preme nesta foto e accederás ao álbum completo.

Falaronnos dos seus obradoiros, de todo o que fan cada día no Taller ocupacional, de como fan a compostaxe e taballan a súa horta, do obradoiro de serigrafía, por exemplo; ou da reciclaxe de plástico... Charlaron con nós, amosáronnos o seu traballo, puidemos vivir por uns minutos as dificultades que teñen as persoas que dependen dunha cadeira de rodas, reflexionamos sobre as barreiras arquitectónicas do colexio e das cidades en xeral e recordamos palabras importantes como ACCESIBILIDADE ou APOIOS.



Rematamos na Biblioteca, onde empezamos a mañá, e alí puxemos en papel todo aquilo do que falamos e vimos ao longo da actividade. E alí agasalláronnos cunha chapa e unha libreta feita por elas e eles.





Agradamos que na vindeira visita haxa moitas menos barreiras. ATA A PRÓXIMA!!

#espazODS_para_a_concienciACCIÓN

Ningún comentario: