mércores, 8 de marzo de 2023

IV Minimaratón Kathrine Switzer

Un ano máis, e xa van catro, o 8 de marzo, Día da Muller, celebramos a nosa particular edición do Maratón Kathrine Switzer como un xeito de visibilización da loita das mulleres para lograr a igualdade plena de dereitos en todos os ámbitos.

Se premes nesta fotografía, accedes ás fotos que nos sacou Rebeca, de Mirada de Madrina.

Organizamos esta carreira simbólica na honra de primeira muller que logrou correr unha maratón con dorsal, no Boston de 1967 e que grazas ao seu esforzo logrou que cinco anos máis tarde permitírase a inscripción de calquera muller nesta proba deportiva, ata entón vetada para elas.


Cando miramos as imaxes do que aconteceu aquel día parécennos ciencia ficción, mais hai non tantas décadas a discriminación da muller en moitos ámbitos da vida estaba normalizada. Grazas a mulleres teimudas coma ela que loitaron por conseguir un mundo máis xusto, hoxe vivimos nun mundo máis igualitario.


Esta foto é de Rebeca del Río, pero se premes nela accedes ao álbum completo das fotos da cámara do cole, que aínda que se fan con moito cariño, non teñen a mesma calidade nin de lonxe.

Este ano tivemos que realizar a carreira no interior do centro por mor do mal tempo, pero aínda así abrimos as portas ás familias, que se achegaron para compartir con nós esta gran festa do feminismo, da igualdade e do deporte. Deixámosvos con algunhas imaxes da carreira para que os que non puidestes achegarvos ao cole, a gocedes tanto como o fixemos nós.

Peques de 3 anos
Peques de 4 anos
Peques de 5 anos
Rebuldeir@s de1º de EP
Rebuldeir@s de 2º de EP
Tritóns de 3º de EP
Tritóns de 4º de EP

Q.S.U.
E profes e familias.

E logo tocou a entrega de medallas, desta volta feitas na impresora 3D da nosa biblio: moradas e coa nosa Chispa ben presente. Unha chulada, verdade?

E aquí tedes os grandes protagonistas deste día!!!









Grazas a todas e a todos por vir e participar. 
Especial agradecemento a Rebeca del Río que un ano máis, cámara en man, saca sempre o mellor de cada instante. Menuda crack!

E velaiquí tedes o vídeo-resumo da xornada.


E o ano que vén? O ano que vén máis e mellor. 
Imos a polo V Minimaratón Kathrine Switzer!

Ningún comentario: